jueves, 6 de septiembre de 2012

Psychedelia e radiografía da lama.

sombra en forma de doutora demoníaca
cun chute de morfina no xeonllo.
chimpo interdimensional/ a insipidez acariñoume as orellas
coa música das flores que dormen cordeiros.
durmir
morrer
durmir
...
zzz

pero ás 5:00 a.m. aínda se ten fotofobia
e tendencias suicidas, asomada a un ceo de vómito.
cando ata iso é vomitivo...

e porén...
un reducto.
un oasis de heroinómano
unha gorida de osiño onde hibernar.
cada mota de pó é o ingrediente do consolo.

as pantasmas non se atreven a me saudar,
fáltalles o alento.
pantasmas, opio,  materia, non teñen onde caerse mortas.

e ti? existes aínda?
dubídoo razonablemente,
mais non son boa filósofa e espero.
porque existo eu e aínda que o teu corazón non lata...
comereite con patacas
escoitareite no motor dos coches
no pano que limpa os cristais
nos pasos quedos dos coellos.

...even if your heart stops
I'll be there to hold you up...

"Cuanto más te acerques a la luz
mas grande será tu sombra.
Pero no tengas miedo porque,
no lo olvides:..."

olvideino

inferno acabado de parir.

e xa toco a luz coa punta dos dedos
-ti, ti, sempre ti como motivo da bocanada vindeira-
mentres afundo na lama de estar.

*wof*

No hay comentarios:

Publicar un comentario