sábado, 10 de noviembre de 2012

Dedicatoria.

Dos comezos incertos e noctámbulos,
dos papeis.
Do aquí e o agora.
De morrer un pouquiño tódalas veces
e saudar os beizos sempre que é posible.
Do can invisible
que se revolve feliz entre as nosas pernas.
De atoparte, de esgotarte, de encherte,
de esmorecer un pouco e sosterme.
Das praias núas, de pesos.
De esas cousas que ninguén máis coñecerá,
e árbores que se deslizan na mirada.
Da comprensión que choran os teus ollos
cando se queixan (mi mi mi mi mi) de que os desnudo.
Da tranquilidade da noite, as lontras,
a contaminación lumínica, os movementos exasperantes dos animais de transporte.
De quererte.
De todo iso me alimento
e absorbo a existencia coma un aire de cor tranquila.