lunes, 27 de agosto de 2012

Creep


[but I'm a creep, I'm a weirdo,
what the hell am I doing here?]



exploración do corpo na busca de un. non estou tralas orellas, nin baixo a lingua, nos estou no embigo, no sexo, nas dedas dos pés, no pelo, nos ollos,... non estou.
non teño tempo de mirarme
non fuxo porque estou agochada dentro de min e me mareo cos golpes
pero aparezo
nun tempo asquerosamente amarelo
aparezo ante ti arrincada das entrañas
-toma
-vale
e atopo o meu ser no mundo durante un segundo que logo acaba no desaugadoiro
pero é un segundo oes
é un segundo...
un
-
un can escoba que mata o gato da memoria?
menuda merda de regalo
pero sei que me queres moito, máis que ao leite con galletas e os tebeos e quéresme tanto que me cuspes de vez en cando pra que medre
non, en realidade falo sen querer, que bonitiño
e eu dou voltas en espellos opacos así que non podo responder máis que torpemente
non te revolves, eu non sei máis ca unha flor adormecida
neste estado de confusión que me predicas e que foi o meu outono
dime, como será este?
escacho a rir coas miñas perdas e non preciso
nada
de nada
"-Nada de nada?
-NADA DE NADA!"

MINTO

con toda a borralla que levo pendurada ao pescozo.
coma un can leal. eu quero ser un can bonito que corra pola praia feliz e atope laranxas pra mastigar e morra por ti
ti ti ti
ti e as dores de ser ti, un can que se esfole e diga "arf!"
outros ensinaranme a encoller
a que me desaparezan as enrugas e as creencias
a vomitarme os maleficios, ensíname, porfa, veña e bícame tamén
xa que estamos nesta luz que treme de angustia
desaugadorios que me enchen, todas esas letras que me aguilloan son o único que me entra
ir despacio, todo precisa ir despacio como un autista
o steampunk é unha merda
unha merda seductora
pero cando apareces ti , bah, entón oénse medrar as margaridas *silbido* *chasquido*

e as meixelas vólvenseme líquidas e a luz cómeme a pel toda e a existencia é unha enorme bóla de gas que arde a millóns de kilómetros de aquí
o movemento slow cobra sentido, átame a unha estaca
unha estaca de arroz
e prometoche non soltarme ainda que poida coma os elefantes.
agardo os tronos de sol a sol
agardo os teus puños entre algodóns
pero dous mundos me corrompen na seguinte fronteira
(procedencia-destino)
raións amarelos
e vaia por deus, acéndelo forno e buscas a calor e queimalas mans todas.

tanto mellor que durmas
con ducias de ovelliñas doces
que disolvan a túa saliva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario