sábado, 14 de julio de 2012

Comprensión I (Hope there's someone/ música do medievo)

espero que haxa alguén
que coide sempre de ti.
que atopes a calma en cada folla verde.
que pequenas ovellas che nazan das fazulas sen querer
e vaguen pola terra.

é necesario collerche a puñadas?
a timidez coa que che ouservo?
espero por ti.
calmo o espírito, cálmasme,
co teu aire no que poderían durmir pichóns.

vólcome.
confúndome.
salo de min
para entrar en MIN,
e mentres bebo esencia en cuncas hippies.
cóntasme da bossa nova e todo o que fas é dun placer inmenso.
criatura.

pensas, bailas como un río
convirtes
todo en melancolías da calor.
escoitas.
és un animal de ollos grandes
que vive sorprendido.

toca a cuncha da tartaruga.

"quérote
-...-
transfórmame
-...-
vólveme eu, desnúdame de todo isto
-iso podo facelo (cala)-
...
-...-
...
-atópate-
vale"

sábado, 2 de junio de 2012

Medo.


Non teño máis sangue, máis forza ou máis veas
atopo nos lustros sodados de pena
cachopos, folerpas, ruídos, encontros
discotecas raídas,
estrondo asqueroso, vacilación
esforzo con chave, pensión viúva
Espidiforme estrela
recantos no gumio.
Que eu sepa non existe vellez
nin atopo descanso da neve.
Exprésate becho!
Encontros nas bágoas de deus.
Pero isto que é??
Móvete para a cociña! caghiná!
Estreno para ti un desfalecemento inminente,
E ti, e ti, e ti...
arrediós! acabouse
vou cuspir sobre a túa tumba
tódalas tumbas, estera, peteiros
cacofonías da linguaxe
debo destruír a linguaxe, bip bip
atúzaro escarpio xagular bunito
bunitiño miu miu miu
volschenka e hostias en vinagre!!
como dice la canción...
tantas teteras animadas envenenanhh
E ti, vives no mundo, nininiña?
remata xa dunha vez, Petrarca!!!
xa está!!
E as memorias lévanse a costas coma as pulgas.
auuuuur au au aur...
ESPARTANOS!! CUAL ES EL SÍMBOLO DEL ORO!!??
Aurum, áureo, merda
todo o silencio pola alcantarilla
Desaugadoiro
Vivo na mandesume
das notas musicais
a música é o meu opio
canguelo
maldito afinar
atopo lascivas as túas prendas prendadas
dos olos negros de pozo de mukusuluba de xente de touro de vida de morte de vergonza.
Asco, moito asco.

jueves, 31 de mayo de 2012

The Killing Fields









baixaban os tubos
pola gorxa de herba.
fociños de vaca gris
ao meu carón, esmagando o tempo.
cando os nós azuis
se volvían líquidos
con facilidade.
feroz.







teño entre as tempas as laranxas.
lambo as miñas patas peludas,
agora son un cadelo, miño*.
aaauuuuuuuuuuur…
necesítanse cardúmenes na lingua,
preferentemente vivos.
razón aquí.







o linóleo é o mellor chan
para deixar de moverse entre agullas.
nacen das mans pequenas, equidnas.
eles non se queixan nunca.
e ti segues buscando carnes rotas?
mira, mete os dedos
na miña dúbida verde.
un príncipe danés xeouse coma os esquíos
sen abrigo.
asepsia.








atopa en min todo o folgo denso
e tódolos beizos quentes que precises.
roubar dun ventre de madeira
mentres desculpo aos meus vectores
“non lles pegues máis, por favor
matareinos eu mesma,
dareilles colirio, ou napalm, ou gasolina 95
(coma aos xagulares)”
maimiño.
pero vólvense un toxo na metástase.
teñen os animais agochados no sistema digestivo
á espera.
atemorizados.




this is not a new and simple declaration of my love.
mentín.
ultrasonidos que me mancan.
inundan de cobalto o cuarto
como vellas metáforas felinas.
“miau miau miau”
habitación de cadavres marcianos
latentes
para que as pantasmas veñan.
o bafo do pucho trae pantasmas
laranxas e agarimosas
coma a mel e o wisky.
fánme cóxegas.
fáltame a esencia estraña e viva.
honey, love you honey, funny, sunny.




  





[tortura viva e doce
animaliño, tétano
mi mi mi  xemidos
mel fervida.]


  






vomitei
o equidna, satie.
sabía imaxinario a sal
e glaseado.
“gno gno gno”
acompáñame coa súa suavidade de fariña.
non estou máis soa.


líquido.